Consorcio de bacterias con Lynn Margulis

Published: Feb. 11, 2017, 2:48 p.m.

Lynn Margulis é a primeira Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Moitas das súas ideas forman parte xa dos libros de texto. Aínda que tamén defende ideas polémicas sobre o neodarwinismo que están fóra do consenso científico. Margulis é a autora da teoría da endosimbiose. Partes da célula son, en realidade, bacterias que no proceso evolutivo se asociaron tan intimamente á célula que chegaron a perder a súa individualidade. Na entrevista descubrimos que cando Margulis ve, por exemplo, unha vaca está a ver cousas nas que os demáis non caemos. Serán as vacas en realidade contedores con patas de quilos e quilos de bacterias?! Entrevista emitida o 25-3-2007 no Efervesciencia 24