Chagas en España, parasitos en Etiopía... desatendidas no mundo

Published: Dec. 26, 2016, 11:38 a.m.

A médica Míriam Navarro traballa na loita integral contra o Chagas en España. Arancha Amor contra os parasitos en Etiopía. Alí teñen evidenciado a presenza de strongiloides, unha doenza esquecida ata na listaxe de enfermidades desatendidas da OMS. Ambas pertencen á Fundación Mundo Sano - coordinada en España por Juan José de los Santos con quen tamén falamos - que pula por un mundo sen enfermidades desatendidas.