Adorables curvas matemáticas con Elena Vázquez Abal

Published: March 6, 2017, 10:40 a.m.

Elena Vázquez Abal é especialista en xeometría diferencial, polo que para esta profesora da USC todas as curvas teñen o seu aquel. Elena tamén é unha apaixonada da divulgación científica, e xunto con actor César Goldi rememoran os gloriosos tempos nos que percorreron o país de bar en bar falando de matemáticas.