A química do pan [Moléculas en galego 7]

Published: Oct. 24, 2017, 7:35 a.m.

Para elaborar pan temos que misturar fariña, auga, lévedo e sal. A pasta resultante amásase e logo dun tempo de repouso métese no forno. Parece sinxelo, non si? Pero a nivel molecular acontecen unha chea de procesos.